Logotip de la revista Noves SL

Presentació

hemeroteca

bústia

Logo


Estudios sobre a situación sociolingüística da lingua galega (1990-2002), por Anxo M. Lorenzo Suárez


CONTINUA


Para comprobar esas hipóteses, deseñáronse dúas mostras. En primeiro lugar, unha mostra da poboación galega en xeral (1400 individuos) foi consultada mediante un cuestionario con preguntas relativas á lingua, ás crenzas relixiosas e á liturxia en galego. En segundo lugar, realizouse unha indagación selectiva en dez parroquias (tamaño da mostra: 400 entrevistas), cinco con liturxia en galego e cinco con liturxia en castelán, nas cales se pasou outro cuestionario pechado de cinco preguntas.

As conclusións do estudio céntranse en mostrar, por unha banda, a desaprobación xeneralizada da poboación ante a actitude da igrexa galega respecto do idioma galego. Por outra, constátase que existe unha opinión xeral moi favorable cara a unha maior introducción de liturxia en galego, destacando unha porcentaxe importante de cidadáns indiferentes, o cal reforza a idea de que un cambio lingüístico neste ámbito sería relativamente fácil de conseguir.

9. Remate

Unha avaliación dos traballos que presentamos aquí lévanos a concluír que o esforzo investigador promovido desde as institucións públicas galegas puido ser bastante máis intenso e regular do que foi. En consecuencia, faltan máis traballos sociolingüísticos xerais, que se realicen de forma periódica e regular, e botamos tamén de menos informes sectoriais coas mesmas características de periodicidade e de regularidade. Por todo isto, o coñecemento que posuímos das dinámicas sociolingüísticas da lingua galega é moi inferior ó que podemos considerar óptimo, tendo ademais presentes as capacidades de investigación das que dispoñemos no momento actual.

Con respecto ós estudios xerais, botamos de menos unha explotación sistemática –así como unha interpretación cualificada– da información sociolingüística contida no Censo de poboación e vivenda que se actualiza cada cinco anos. Do censo de 1996 non se coñecen os resultados lingüísticos e descoñecemenos qué vai ocorrer cos resultados do ano 2001.

Finalmente, en sectores e ámbitos clave carecemos de información específica e actualizada: sectores laborais e empresariais, ámbitos e actividades vinculadas coas novas tecnoloxías e coa sociedade da información, entre outros.

10. Referencias bibliográficas

BOUZADA, X. & A. M. LORENZO. O futuro da lingua. Elementos sociolingüísticos para un achegamento prospectivo da lingua galega. Santiago: Consello da Cultura Galega, 1997.

BOUZADA, X., A. FERNÁNDEZ PAZ & A. M. LORENZO. O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume II: educación. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2003 (no prelo).

CIDADANÍA–REDE DE APLICACIÓNS SOCIAIS. Estudio–Diagnóstico sobre a situación sociolingüística do concello de Santiago de Compostela. Santiago: Concello, 2001.

CIDADANÍA–REDE DE APLICACIÓNS SOCIAIS (2003). O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I: Política lingüística: análise e perspectivas. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2003.

CIS [Centro de Investigaciones Sociológicas]. Conocimiento y uso de las lenguas en España. Madrid: CIS, 1994.

CIS [Centro de Investigaciones Sociológicas]. Conocimiento y uso de las lenguas en España. Madrid: CIS, 1999.

DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA. Estudio sobre o uso do idioma galego. Enquisa realizada ós centros de ensino de Galicia. Santiago: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, 1998 (manuscrito, 211 pp.).

FENTE, J. "Avaliación do servicio lingüístico comarcal de Bergantiños". En A.B. Domínguez & S. Mayo (eds.), Actas dos II Encontros de Normalización Lingüística (28 e 29 de outubro de 1999). Santiago: Consello da Cultura Galega, 2000, pp. 109-116.

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA. Censos de poboación e vivendas 1991. Coñecemento e uso do idioma galego. Santiago: IGE, 1992 (4 volumes).

LÓPEZ GARCÍA, X. (ed.). A comunicación en Galicia 2000. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2000.

LÓPEZ GARCÍA, X. (ed.). A comunicación en Galicia 2002. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2002.

LÓPEZ MUÑOZ, D. & B. GARCÍA CENDÁN. Receptividade do galego na liturxia. Santiago: Consello da Cultura Galega, 2000.

LORENZO, A.M., R. LUACES, X.M. PIN, P. SÁNCHEZ, A. VAAMONDE & L. VARELA. Estudio sociolingüístico da Universidade de Vigo. Estudiantes, PAS e profesores. Vigo: Universidade, 1997.

LORENZO, M. "Avaliación externa do departamento de normalización lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia". En A.B. Domínguez & S. Mayo (eds.), Actas dos II Encontros de Normalización Lingüística (28 e 29 de outubro de 1999). Santiago: Consello da Cultura Galega, 2000, pp. 117-128.

NELDE, P., G. WILLIAMS & M. STRUBELL. Euromosaic. The production and reproduction of the minority language groups in the European Union. Bruxelas: Comisión Europea, 1996.

RAMALLO, F. F. & G. REI-DOVAL. Publicidade e lingua galega. Santiago: Consello da Cultura Galega, 1996.

RAMALLO, F. F. & G. REI-DOVAL. Vender en galego. Santiago: Consello da Cultura Galega, 1997.

RODRÍGUEZ NEIRA, M. A. (coord.). O idioma na Universidade de Santiago de Compostela (resultado dun inquérito realizado no curso 1995-96). Santiago: Universidade, 1998.

RUBAL RODRÍGUEZ, X. Aproximación á situación da lingua no ensino non universitario. Santiago: Xunta de Galicia, 1991.

RUBAL RODRÍGUEZ, X., D. VEIGA MARTÍNEZ & N. ARZA ARZA. A lingua do alumnado e profesorado nas franxas occidentais de Asturias, León e Zamora. Santiago: Consello da Cultura Galega, 1992.

TÚÑEZ, M. & X. LÓPEZ GARCÍA (coords.). Condicións laborais e actitudes profesionais nos medios de comunicación. Santiago: Consello da Cultura Galega, 1998.

VAAMONDE, A. et al. Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no concello de Vigo. Vigo: Concello de Vigo, 1998.

VAAMONDE, A. et al. Estudio sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no concello de Vigo. Vigo: Concello de Vigo, 2003 (no prelo).

Anxo M. Lorenzo Suárez
Departamento de Filoloxía Galega e Latina
Universidade de Vigo
alorenzo@uvigo.es
Teléfono: (+34) 986 812359


3 de 3